29 abr 2012

PAPIROFLEXIA-ORIGAMI


O origami (折り紙) é a arte de orixe xaponesa do pregado do papel (literalmente significa "Pregar" (oru, 折る) "Papel" (kami, 紙), en galego coñécese como papiroflexia ou "facer paxaros de papel".

O origami defínese como a arte educativa na cal as persoas desenvolven a súa expresión artística e intelectual. Tamén hai quen di que é a esencia que se esconde tras os dedos daqueles que pregan papeis para dar nacemento a innumerables figuras.

Partindo dunha base inicial (cadrados e rectángulos xeralmente) obtéñense figuras que poden ir dende modelos sinxelos ata pregados de gran complexidade. Os suxeitos preferidos para modelar son animais e outros elementos da natureza (flores, árbores, etc).

Podedes ver unhas creacións, finalmente decoradas, feitas polo alumnado de cuarto.


MARCAPÁXINAS OLÍMPICOS

Tedes aquí algúns dos estupendos marcapáxinas olímpicos realizados polo noso alumnado en colaboración coas súas familias.


Podedes ver moitos máis no Recanto de Mik

25 abr 2012

SILVESTRE GÓMEZ XURXO

Os alumnos e alumnas de cuarto tivemos a honra de contar con Silvestre Gómez Xurxo, autor do libro TI NON XOGAS! que estivemos lendo e traballando recentemente.
Falounos de diversas cuestións, contestou a numerosas preguntas e finalmente asinou os exemplares do alumnado.
Moitas grazas Silvestre.

Click to play this Smilebox presentación

23 abr 2012

DÍA DO LIBRO


Hoxe, celebrando o DÍA DO LIBRO, realizamos esta preciosa actividade, no que os padriños e madriñas len un conto aos seus afillados e afilladas. Aínda que o tempo meteorolóxico non nos acompañou, xa que tivemos que facela no ximnasio e non ao exterior, todo o alumnado quedou encantado.



22 abr 2012

DÍA DA TERRA

Día Internacional da Terra
Earth flag PD.jpg
A Bandeira da Terra.
Nome oficialDía Internacional da Terra
SignificadoConcienciar sobre os retos para preservar o planeta
Día de celebración22 de abril
Celebrado desde22 de abril de 1970
Lugar de celebraciónDía Internacional
O Día da Terra é un día celebrado en moitos países o 22 de abril. O seu promotor, o senador estadounidense Gaylord Nelson, instaurou este día para crear unha conciencia común aos problemas da superpoblación, a producción de contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer a Terra.

21 abr 2012

PADRIÑOS E MADRIÑAS DE 3º. AFILLADOS E AFILLADAS DE 1º

Este venres os padriños e madriñas lectores de 3º foron á aula de 1º para saber quen sería o neno ou nena que lle correspondería despois de ir sorteando as tarxetas. Seguro que esta experiencia literaria cos seus afillados e afilladas será moi positiva e entrañable.

Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox

PADRIÑOS E MADRIÑAS DE 4º. AFILLADOS E AFILLADOS DE 2º

O xoves día 19 sorteáronse os padriños e madriñas lectores(alumnado de 4º) e afillados e afilladas (alumnado de 2º) na aula destes últimos. Unha gran emoción acompañou o acto. Estamos seguros de que os libros escollidos serán do gusto de todos e todas.
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox

13 abr 2012

CIDADES E PAÍSES OLÍMPICOS. ACTIVIDADES

Aquí tedes unha serie de actividades e informacións relacionadas con todos os países e cidades que tiveron a gran honra de celebrar uns XOGOS OLÍMPICOS.
Pasádeo ben e disfrutade aprendendo e xogando.


9 abr 2012

As paisaxes de Galicia

O relevo, as augas, a vexetación e a fauna son elementos das paisaxes.

O relevo de Galicia pode ser de interior e de costa. No relevo de interior hai montañas, vales e chairas. As montañas forman o Macizo Galaico e están ao leste, e entre elas hai vales. Cara ao oeste hai zonas baixas. Galicia conta cunha extensa cosata, onde destacan as rías.

Galicia está percorrrida por moitos ríos curtos e caudalosos. O río máis longo é o Miño. Outros son o Sil, o Tambre, o Ulla e o Eume. Nos ríos hai encoros.

Galicia ten clima atlántico, con temperaturas suaves e moitas precipitacións. A vexetación de Galicia é moi variada e abundante, con bosques e pradarías.

7 abr 2012

Día Mundial da Saúde

Hoxe, 7 de abril, conmemórase o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE. En todos os rincóns do noso planeta centos de eventos conmemoran a importancia da saúde para unha vida produtiva e feliz.
O tema deste ano é o envellecemento e a saúde e o lema "A boa saúde engade vida aos anos".